O representante da titularidade da Escola Familiar Agraria Fonteboa, de Coristanco, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural, o ciclo formativo de grao superior (CS) Acondicionamento Físico, e a modalidade de formación profesional dual do CS Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, co informe da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do centro docente e autorizar as ensinanzas do CM Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural, do CS Acondicionamento Físico, e a modalidade de formación profesional dual no segundo curso do CS Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:
Denominación: Escola Familiar Agraria Fonteboa.
Código: 15021974.
Domicilio: Feira Nova, s/n.
Localidade: San Paio.
Concello: Coristanco.
Provincia: A Coruña.
Titular: Federación de Escuelas Familiares Agrarias.
Composición resultante:
– 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.
– 1 CM Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
– 1 CM Produción Agropecuaria (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
– 1 CS Acondicionamento Físico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
– 1 CS Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
– 1 CS Paisaxismo e Medio Rural (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
Modalidade de formación profesional dual:
– 1 unidade do segundo curso do CS Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal.
Modalidade a distancia semipresencial:
– Educación secundaria para persoas adultas.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2020
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional