Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-265/2020-TRA e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-265/2020-TRA e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 7 de xullo de 2020

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-265/2020-TRA

47438785C

Inicio

O Portiño, 25, baixo, A Coruña

PSC-CO-267/2020-TRA

49916964H

Inicio

O Portiño, 7, baixo, A Coruña

PSC-CO-268/2020-TRA

47375666J

Inicio

O Portiño, 36, baixo, A Coruña

PSC-CO-269/2020-TRA

47375860T

Inicio

O Portiño, 2, baixo, A Coruña

PSC-CO-277/2020-PPM

X3475552E

Inicio

A Pesqueira, 125, 2º, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-CO-289/2020-PPM

53481810W

Inicio

Avda. da Constitución, 71, 1º B, Boiro

PSC-CO-290/2020-PPM

33228168E

Inicio

San Xoán de Laíño, Bexo, 5, Dodro

PSC-CO-314/2020-PPM

53796720L

Inicio

Constitución, 73, 2º D, Boiro

PSC-CO-383/2020-PPM

33231769N

Inicio

O Chazo, 32, Cabo de Cruz, Boiro