Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2010/269-1, nos concellos de Mazaricos, Negreira e Outes.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos, nos concellos de Mazaricos, Negreira e Outes (expediente IN407A 2010/269-1), acto que terá lugar nas dependencias municipais respectivas segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 6 de xullo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/269-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos.

Concellos: Mazaricos, Negreira e Outes.

Predio

Concello

Titularidade

Data

Hora

AC-OT-306

Outes

Herdeiros de Manuel Zubiela Fernández

31.7.2020

12.30