Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28911

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 110/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que, na execución seguida neste xulgado co número 110/2018, por instancia de Leoncio Fernando Grefa Cerda, contra a executada Esteban Carreira Francos, se ditou o día 1 de xullo de 2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia parcial, por importe de 17.005,84 euros de principal, máis 2.395,32 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza