Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28901

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, de dous postos vacantes de supervisor/a de unidade.

Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2019 (DOG núm. 241, do 19 de decembro) convocáronse para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, dous postos vacantes de supervisor/a de unidade.

De acordo co disposto na base quinta da convocatoria abriuse un prazo de quince (15) días hábiles, do 20 de decembro de 2019 ao 14 de xaneiro de 2020, para a presentación de solicitudes de participación no citado procedemento. No posto convocado de supervisor/a de unidade de Consultas Externas no Hospital Público de Verín concorreu unha única aspirante, María del Carmen García Gallego, quen, con data do 26 de maio e con número de rexistro de entrada 484 no Hospital Público de Verín, desistiu da súa solicitude de participación no proceso convocado. Por outra banda, no posto convocado de supervisor/a de Unidade de Urxencias no Hospital Público de Verín non concorreu ningún aspirante.

Esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde de 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar deserta, por falta de concorrencia de aspirantes, a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, un posto vacante de supervisor/a de unidade de Consultas Externas e un posto vacante de supervisor/a de unidade de Urxencias, ambos para o seu desempeño no Hospital Público de Verín.

Segundo. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 13 de xullo de 2020

Féliz Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras