Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de xullo de 2020, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para ser notificadas por comparecencia.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia nos expedientes de aceptación de renuncia e liquidación de vivendas de protección oficial de promoción pública.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos actos obxecto de notificación deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4ª andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 2 de xullo de 2020

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/450, conta 19.

DNI/NIF/NIE: comunidade hereditaria de Elena Martínez Prieto e Manuel Veiga Martínez.

Acto obxecto de notificación: liquidación da vivenda.