Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 20 de xullo de 2020 Páx. 28747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0010/2020-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0010/2020-PPM e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 2 de xullo de 2020

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0010/2020-PPM

32715384T

Inicio

San Felipe, s/n, Ferrol

PSC-FE-0015/2020-PPM

32676725G

Inicio

R/ López Dafonte, cuart. 23, ptl. 3 , 2º esq., Ferrol

PSC-FE-0016/2020-PPM

32658144F

Inicio

R/ López Dafonte, cuart. 23, ptl. 3, 2º esq., Ferrol

PSC-FE-0017/2020-PPM

32718537W

Inicio

R/ Alcalde Quintanilla, Torre 1, 3º D, Ferrol

PSC-FE-0029/2020-PPM

32700404Q

Inicio

Campamento de Pazos, s/n, Serantes, Ferrol

PSC-FE-0030/2020-PPM

32717835J

Inicio

R/ Mestre López Dafonte, 23, bl. 7, 6º I, Ferrol

PSC-FE-0031/2020-PPM

32633730L

Inicio

R/ Almendra, 29-31, 5º esq., Ferrol

PSC-FE-0032/2020-PPM

32625622F

Inicio

R/ Do Prado, 7, 2º D, Ferrol