Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 20 de xullo de 2020 Páx. 28724

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 9/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que, na execución seguida neste xulgado co número 9/2020, por instancia de María Carmen Villar Ares, contra o executado José Manuel Tojo Ferro, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 1 de xullo de 2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado, en situación de insolvencia total, por importe de 3.660,67 euros de principal, máis 298,58 euros en concepto de xuros de mora, máis 395,92 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza