Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 20 de xullo de 2020 Páx. 28726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 29 de xuño de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 266/2019, fronte á Resolución do 14 de xuño de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de xuño de 2019 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 266/2019, fronte á Resolución do 14 de xuño de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de xuño de 2019 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 114, do 18 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove días, contados dende o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública