Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 17 de xullo de 2020 Páx. 28588

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 251/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 251/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio García Regueiro contra Santiago Dos, S.L., Fogasa, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza Marina Pilar García de Evan.

En Santiago de Compostela, trinta de xuño de dous mil vinte.

Acordo:

a) Declarar o executado Santiago Dos, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 1.169,48 euros en concepto de principal (867,78 euros en concepto de salarios e 301,70 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 116,94 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida na mesma a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Santiago Dos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza