Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 17 de xullo de 2020 Páx. 28631

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade dun encargo de xestión, para o exercicio 2020, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a un encargo de xestión, para o exercicio 2020, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: traballos de reparación dos asentamentos por escoamentos de choiva no noiro leste do Parque do Lago, no Bosque de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia.

Natureza e alcance da xestión: este encargo ten natureza intrasubxectiva, ao ter Seaga a consideración de medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: o prazo de execución será de cinco (5) semanas.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2020

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia