Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 17 de xullo de 2020 Páx. 28592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia no expediente AC-2016/00386 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 30 de xuño de 2020

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

AC-2016/00386

79322293P

AC-2017/00145

76414511R

AC-2017/00298

Y3642799G

AC-2017/00599

79311735F