Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28269

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 26 de xuño de 2020 pola que se autoriza ao centro privado Plurilingüe Liceo La Paz, da Coruña, para impartir ensinanzas de formación profesional na modalidade semipresencial e/ou a distancia.

A titularidade do centro privado (CPR) Plurilingüe Liceo La Paz, da Coruña, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Farmacia e Parafarmacia, o CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, o ciclo formativo de grao superior (CS) Dietética e Nutrición, o CS Documentación e Administración Sanitarias e o CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, na modalidade semipresencial e a distancia.

O centro está autorizado para impartir as devanditas ensinanzas na modalidade presencial, en virtude da Orde do 8 de agosto de 2018 (DOG do 3 de setembro).

A Orde do 5 de novembro de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de novembro de 2010, establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

1. Autorizar o ciclo formativo de grao medio (CM) Farmacia e Parafarmacia, o CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, o ciclo formativo de grao superior (CS) Dietética e Nutrición, o CS Documentación e Administración Sanitarias e o CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear na modalidade semipresencial e/ou a distancia, no centro docente privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación xenérica: Centro Privado Plurilingüe.

Denominación específica: Liceo La Paz.

Código: 15004265.

Domicilio: Sebastián Martínez Risco, 1.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titulares: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.

2. Composición resultante:

Educación infantil: 15 unidades.

Educación primaria: 30 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

Bacharelato:

• 8 unidades das modalidades de Ciencias, e de Humanidades e Ciencias Sociais.

• 4 unidades da modalidade de Artes: vía artes escénicas, música e danza e vía de artes plásticas, imaxe e deseño.

Formación profesional:

a) Ciclos formativos de grao medio (CM), modalidade presencial:

• 1 CM Atención a persoas en situación de dependencia (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CM Coidados auxiliares de enfermaría (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CM Condución de actividades físico-deportivas no medio natural (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Emerxencias sanitarias (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Farmacia e parafarmacia (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CM Sistemas microinformáticos e redes (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Xestión administrativa (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior (CS) modalidade presencial:

• 2 CS Administración e finanzas (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Animación de actividades físicas e deportivas (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Administración de sistemas informáticos en rede (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Dietética e nutrición (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Documentación e administración sanitarias (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Educación infantil (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Patronaxe e moda (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Transporte e loxística (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

c) Ciclos formativos na modalidade semipresencial e/ou a distancia:

• CM Atención a persoas en situación de dependencia.

• CM Farmacia e parafarmacia.

• CM Sistemas microinformáticos e redes.

• CS Administración e finanzas.

• CS Administración de sistemas informáticos en rede.

• CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.

• CS Desenvolvemento de aplicacións web.

• CS Dietética e nutrición.

• CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear.

• CS Documentación e administración sanitarias.

Ensinanzas para persoas adultas en quenda de tarde-noite:

• Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

• Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias, e de Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 2. Ordenación académica

1. Ás ensinanzas autorizadas no artigo 1.1 desta orde aplicaráselles, en canto sexa axeitado a súa natureza, o previsto na Orde de 5 de novembro de 2010, pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

2. O desenvolvemento dos módulos profesionais organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva, que serán atendidas directamente polo profesorado de cada módulo. A titoría individual realizarase preferentemente de xeito telemático; a colectiva terá carácter presencial coa intervención directa do profesorado, nas instalacións do centro docente.

A asistencia ás titorías presenciais nas instalacións do centro educativo, terá carácter voluntario para o alumnado.

3. Ao longo do período lectivo correspondente, o profesorado de cada módulo profesional realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe, utilizando para iso os instrumentos e os procedementos de recollida de información previamente establecidos na programación dos módulos, que deberán ser coñecidos polo alumnado.

A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua a través das actividades que se programen e harmonizarase con probas presenciais teórico-prácticas para cada avaliación parcial, de carácter obrigatorio para o alumnado, e axustadas aos resultados de aprendizaxe e aos criterios de avaliación dos currículos dos módulos profesionais. Ao finalizar o desenvolvemento de cada módulo, realizarase unha proba presencial final de carácter global. Esta proba terá que realizala o alumnado que non superase o módulo mediante as probas presenciais parciais que se realicen ao longo do curso.

4. O profesorado que imparta nas modalidades de distancia e semipresencial disporá das competencias necesarias para o manexo da plataforma de formación a distancia e para realizar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

Artigo 3. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 4. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional