Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28186

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 10 de xullo de 2020 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado (AX2001).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril) (en diante, LOU); no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados por Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público na seguinte categoría:

AX2001. Axudante (anexo).

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia, servizos centrais, Campus Universitario-Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando «emprego» e logo «concursos de profesorado». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 10 de xullo de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Datos das prazas

Praza nº 1.

Referencia:

AX2001-T03-495-AX1-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

axudante

Área de coñecemento:

Enxeñaría Aeroespacial

Departamento:

Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Centro de traballo:

107 Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (Campus de Ourense)

Dedicación:

tempo completo

Duración contrato:

curso completo

Perfil/docencia:

Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (Campus de Ourense):

G410933 Vehículos espaciais