De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado, logo de intentada sen éxito a notificación á persoa titular do NIF 52480436W nos intentos efectuados no seu enderezo, comunicámoslle que o 29 de xaneiro de 2020 se resolveu iniciar o procedemento de reintegro do importe da penalización imposta por incumprimento da condicionalidade nos expedientes 801/36/2017/520136, 802/36/2017/520136 e 804/36/2017/520136, pola cantidade de 319,68 €.
De encontrar conforme o acordo de inicio do procedemento de reintegro, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca núm. ES72 2080 5355 6531 1004 2831, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):
a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.
b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.
Se a persoa interesada realiza o pagamento, rematará o procedemento de reintegro sen necesidade de realizar ningunha notificación posterior.
Contra o acordo de inicio do procedemento de reintegro dos expedientes de referencia a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do dia seguinte ao da notificación, para formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue conveniente ao seu dereito ante a secretaría deste organismo.
O expediente está, en todo caso, á disposición do interesado no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), na rúa dos Irmandiños, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2020
O director do Fondo Galego de Garantía Agraria
P.S. (Resolución do 9.6.2020)
Marta Forés Lojo
Secretaria do Fondo Galego de Garantía Agraria
ANEXO
Expedientes: 801/36/2017/520136, 802/36/2017/520136 e 804/36/2017/520136.
NIF da persoa interesada: 52480436W.
Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento de reintegro.