De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Polo anterior, e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido á interesada que se sinala no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, a interesada é informada de que o expediente está á súa disposición, para coñecer o contido íntegro del acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 30 de xuño de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: SAI AE 2020/16.
Interesada: Comunidade de Propietarios Avenida do Palleiro, 42.
NIF: H15972508.
Acto de notificación: requirimento de documentación.
Concello: Arteixo.