Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28099

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021.

Mediante a Orde do 10 de decembro de 2019, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 14, do 22 de xaneiro de 2020, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

No artigo 35.1 da devandita orde recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións 09.40.324C.444.0, 09.40.324C.445.0, 09.40.324C.460.0 e 09.40.324C.481.1 cunha contía inicial de seiscentos trinta e tres mil novecentos euros (633.900 €) distribuído en dúas anualidades, correspondentes a fondos finalistas do Estado.

No artigo 35.2 establécese que a distribución inicial poderá alterarse, despois das modificacións orzamentarias precisas, en función da tipoloxía das entidades que vaian realizar as actividades que resulten beneficiarias

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de solicitudes que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, faise necesaria unha redistribución do crédito das distintas aplicacións orzamentarias.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021, sen variar o orzamento total, da seguinte maneira:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2020

Anualidade 2021

Total

09.40.324C.444.0

34.800,00

51.008,80

85.808,80

09.40.324C.445.0

5.250,00

12.000,00

17.250,00

09.40.324C.460.0

23.320,00

21.018,00

44.338,00

09.40.324C.481.1

161.521,03

322.635,59

484.156,62

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego