Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución non pon fin á vía administrativa e que, contra ela, cabe formular recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo da reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A persoa interesada, durante este prazo, poderase presentar ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, nº 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.
Advírteselle á persoa interesada que, se non formulase recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.
Ourense, 17 de marzo de 2020
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Persoa interesada |
Nº de expediente |
Preceptos infrinxidos |
Preceptos sancionadores |
Proposta de sanción |
48117633T |
48117633T/12/12/2019/2.1.E |
Artigo 24.4.b) |
Artigo 47.1.a) |
Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego |