Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2020 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea G.M. I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea G.M. I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. O 5 de marzo de 2020, María Gema Sánchez Torrado, Francisco Javier Mariño Sánchez, María Genma Mariño Sánchez e María Jesús Mariño Sánchez solicitaron autorización para transmisión da concesión administrativa e da batea G.M. I.

Segundo. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideración legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Carlos Castro Mosquera (***8438**) e Manuela Piñeiro Romero (***8431**) da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación

Tipo: batea.

Nome: G.M. I.

Localización:

Cuadrícula nº: 107.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 4.6.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: María Gema Sánchez Torrado (***9382**), Francisco Javier Mariño Sánchez (***3910**), María Genma Mariño Sánchez (***6818**) e María Jesús Mariño Sánchez (***3469**).

Novos titulares: Carlos Castro Mosquera (***8438**), Manuela Piñeiro Romero (*** 8431**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberá presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Este prazo comezará a contar desde o 1 de xuño de 2020, data en que se restablece o cómputo dos prazos administrativos suspendidos de acordo co disposto no artigo 9 do Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

A Coruña, 19 de xuño de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña