Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27785

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 19 de xuño de 2020 pola que se nomea vogal do Consello Reitor unha persoa titular de subdirección da dirección xeral competente en materia de emerxencias e interior.

A Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, crea a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) como un organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellería competente en materia de interior e xustiza.

No artigo 8 da referida Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, determínase que o Consello Reitor da Agasp está formado por unha persoa titular da presidencia, unha persoa titular da vicepresidencia, oito persoas titulares das vogalías e unha persoa titular da secretaría. No punto 3.a) deste artigo determínase que son vogais do Consello Reitor da Academia Galega de Seguridade Pública dúas persoas titulares de subdireccións da dirección xeral competente en materia de emerxencias e interior.

De acordo co exposto, e por terse xubilado a anterior persoa titular da Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, mediante esta orde procédese a realizar o nomeamento de vogal do Consello Reitor da Agasp, en favor do novo titular da referida subdirección xeral Jorge Atán Castro.

Así, de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, e a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear como novo vogal do Consello Reitor da Academia Galega de Seguridade Pública, na súa calidade de subdirector xeral de Seguridade e Coordinación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a Jorge Atán Castro.

Disposición derradeira única

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza