Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27660

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 9 de xullo de 2020 pola que se modifican as bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas, publicadas mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 11 de febreiro) e modificadas pola Resolución do 31 de marzo de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 64, do 1 de abril) (código de procedemento IG535A).

BDNS (Identif.): 494996.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Importe

Modifícase a dotación orzamentaria das bases reguladoras, quedando establecida do xeito seguinte:

a) Para atender posibles falidos nos reavais concedidos ante as SGR, con cargo á partida orzamentaria 09.A1.741A.8900 para o exercicio 2020, increméntase a partida orzamentaria en 5.000.000 €, e queda establecido o crédito desta partida en 7.500.000 €.

b) Para as compensacións económicas ás SGR, os créditos dispoñibles nesta convocatoria increméntanse en 10.000.000 €, na partida orzamentaria 09.A1.741A.770, con un importe de 8.750.000 € para o exercicio 2020 e 1.250.000 € para o exercicio 2021, quedando establecidos en 15.000.000 €, cun importe de 13.750.000 € para o exercicio 2020, e 1.250.000 € para o exercicio 2021.

c) Para a subsidiación ao tipo de xuro, os créditos dispoñibles nesta convocatoria increméntanse en 8.150.000 €, na partida orzamentaria 09.A1.741A.7700, con un importe de 4.161.000 € para o exercicio 2020 e 3.989.000 € para o exercicio 2021, quedando establecidos en 11.750.000 €, cun importe de 5.961.000 € para o exercicio 2020 e de 5.789.000 € para o exercicio 2021.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes da «liña Microcréditos COVID-19» comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro).

b) O 30 de outubro de 2020.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2020

Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica