Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterroso

ANUNCIO de notificación en procedemento infrutuoso relativo á xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Expediente

Titular

Referencia catastral

Localización

234/2020

Enrique Cereijido Dalmeda

613

Parteme de Riba (Sirgal)

De conformidade co establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, os titulares das parcelas detalladas dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais para procederen á xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Monterroso, 17 de xuño de 2020

Antonio E. Gato Soengas
Alcalde presidente