Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Santa Cruz de Montaos (Ordes-A Coruña), para ser notificado por comparecencia dunha modificación do acordo de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o propietario da zona de concentración parcelaria de Santa Cruz de Montaos (Ordes-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución pola que se modifica o acordo de concentración da dita zona que o afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, mediante cita previa no teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 25 de xuño de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Pesoa interesada

Acto notificado

Zona de concentración

32303909H

Resolución

Santa Cruz de Montaos (Ordes-A Coruña)