Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 23 de xuño de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 71/2020 contra a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro de 2019).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 71/2020, contra a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (DOG núm. 225, do 26 de novembro de 2019).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública