Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27368

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2020 pola que se publica a modificación do plan de estudos de graduado en Química.

A Universidade de Santiago de Compostela presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos verificado desta titulación de grao. A dita solicitude presentouse ao abeiro do artigo 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, e do artigo 15 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obtido informe favorable da Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), con data do 9 de xullo de 2020, esta reitoría, ao abeiro do artigo 28.3 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais,

resolve:

Publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título de graduado ou graduada en Química pola Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Modificación do grao en Química pola USC

1) Cambian de denominación as materias obrigatorias do grao segundo consta no seguinte cadro:

Denominación antiga

Nova denominación

Química Analítica I

Química Analítica Xeral

Química Analítica II

Técnicas Analíticas de Separación

Química Analítica III

Métodos Analíticos Espectroscópicos e Electroquímicos

Química Analítica IV

Quimiometría e Cualimetría

Química Analítica V

Hibridación, Métodos Cinéticos e Automatización

Química Física I

Química Cuántica

Química Física II

Espectroscopía

Química Física III

Termodinámica Química

Química Física IV

Termodinámica Estatística e Fenómenos de Transporte

Química Física V

Cinética Química e Catálise

Química Inorgánica I

Non Metais e os seus Compostos

Química Inorgánica II

Principios Básicos de Química Inorgánica

Química Inorgánica III

Metais e os seus Compostos

Química Inorgánica IV

Química de Coordinación

Química Inorgánica V

Química Organometálica

Química Orgánica I

Química Orgánica I: Alcanos e Derivados

Química Orgánica II

Química Orgánica II: Compostos Insaturados

Química Orgánica III

Química Orgánica III: Compostos Carbonílicos, Aminas e Heterociclos

Química Orgánica IV

Fundamentos de Síntese Orgánica

Química Orgánica V

Química Orgánica Biomolecular

Ciencia de Materiais I

Fisicoquímica de Materiais

Ciencia de Materiais II

Materiais Inorgánicos e Orgánicos

2) Créase a seguinte materia:

Denominación

Créditos

Carácter

Curso

Prácticas Externas

4,5

Optativo