Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 3/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 3/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Milena Rivero Alarcón contra a empresa Servicios Integrales Dos Andando, S.L., sobre despedimento, ditouse decreto de insolvencia do 25 de xuño de 2020, recorrible en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios Integrales Dos Andando, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinatarao que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 25 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza