Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 1 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2020002AL-LU, por infracción en materia sanitaria.

O día 11 de xuño de 2020, a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Sanidade ditou a resolución do expediente sancionador 2020002AL-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentouse notificar a resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á persoa interesada o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

En caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá efectualo empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. Os prazos serán os seguintes:

1. As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

2. As notificadas entre os días 16 e o último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non pon fin á vía administrativa e poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, en Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 1 de xullo de 2020

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2020002AL-LU.

CIF da persoa interesada: B15422793.

Último enderezo coñecido: rúa do Castelo, 8, 1º, 15250 Muros (A Coruña).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de seguridade alimentaria.

Tipificación: unha infracción leve.

Sanción imposta: cincocentos euros (500 €).