Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 8 de xullo de 2020 Páx. 27225

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1703/2017).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que como consecuencia do ignorado paradoiro de Ángel Jesús Oller Ferrand.

Cédula de notificación.

No presente procedemento ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución teñen o seguinte tenor literal:

Sentenza nº 367:

Ourense, 7 de xuño de 2018.

Lucía Isabel Yebra-Pimentel López, xuíza de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos núm. 1703/2017, sobre divorcio contencioso, promovidos por Dianny Ondina Vásquez Tobal, representada pola procuradora Mónica Vázquez Blanco e asistida polo letrado Luis González Pérez, contra Ángel Jesús Oller Ferrand; con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Mónica Vázquez Blanco, en nome e representación de Dianny Ondina Vásquez Tobal contra Ángel Jesús Oller Ferrand.

En consecuencia:

1. Decreto a disolución por divorcio do matrimonio entre Dianny Ondina Vásquez Tobal e Ángel Jesús Oller Ferrand.

2. Atribúese á nai a garda e custodia do menor L. J. O. V. A patria potestade exercerana de forma conxunta ambos os dous proxenitores.

3. O pai poderá visitar o seu fillo menor as fins de semana alternas que se encontre en Ourense desde as 10.00 horas do sábado ás 20.00 horas do domingo, debendo recollelo e reintegralo no domicilio materno. Así mesmo, permanecerá co seu fillo o mes de xullo.

4. O pai deberá contribuír aos gastos de alimentación e educación do seu fillo cunha pensión alimenticia mensual non inferior á contía de 300 €. O referido importe deberá ser ingresado dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta designada pola proxenitora e actualizarase anualmente de conformidade coa variación que experimente o IPC. Así mesmo, o pai deberá atender os gastos extraordinarios xerados polo menor e derivados de situacións non habituais (dentista, libros, uniformes, clases particulares, etc.).

5. Cada unha das partes pagará as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 e 497.2 da LAC, se expide o presente edicto para que sirva da notificación en legal forma ao demandado, Ángel Jesús Oller Ferrand.

Ourense, 22 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza