BDNS (Identif.): 514211.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios destas axudas todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que realicen unha programación cultural que contribúa á promoción de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas con sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Finalidade
Establecer as bases reguladoras das subvencións destinadas a cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais con motivo do Xacobeo 21, para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT302B).
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución de 25 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con motivo do Xacobeo 21: cultura no Camiño +, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT302B).
Cuarto. Importe
O financiamento das axudas desta convocatoria realizarase, en todo caso, en función das dispoñibilidades orzamentarias; destinarase un crédito global de 750.000 euros da aplicación orzamentaria 11.A1.432B.760.0 do código de proxecto 2015-00003.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2020
Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia
Galega das Industrias Culturais