BDNS (Identif.): 514200.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións.
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior en 2018/19 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2019, cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.
Segundo. Obxecto
Premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2018/19 na Comunidade Autónoma de Galicia e rematou en 2019. O alumnado premiado poderá concorrer, logo da súa inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde EDU/2128/2011, do 15 de xullo (BOE de 28 de xullo), que crea e regula os premios nacionais de formación profesional de grao superior establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED311B).
Cuarto. Importe
23 premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 19.550 €, que non poderán exceder os 850 € por premio.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2020
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional