Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 8 de xullo de 2020 Páx. 27246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de maio de 2020, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa de ocupación dunha parcela de dominio público portuario destinada á instalación dun quiosco no porto de Cambados (expediente 13-07-20-C1).

María Torres Prado solicita a concesión administrativa para a ocupación dunha parcela do dominio público portuario con destino á instalación e explotación dun quiosco no porto de Cambados.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 18 de maio de 2020

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia