Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 7 de xullo de 2020 Páx. 27035

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de resolución de execución subsidiaria de xestión de biomasa vexetal en Plantío, Celeiro, Viveiro (Lugo).

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia resolución de execución subsidiaria de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido nos artigos 21, 22 e 23 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas e a concesión do trámite de audiencia por prazo de quince días (15) durante os cales poderán os interesados alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen oportunas.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación así como da totalidade do expediente administrativo, se atopan á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

DNI do titular catastral

5594/2018

4069103PJ1346N0002KM

CR Ribadeo-terceira, 90 27863 Plantío, Celeiro, Viveiro

33677670N

4069114PJ1346N0002ZM

CR Ribadeo-terceira, 291 27863 Plantío, Celeiro, Viveiro

En investigación, artigo 47

da Lei 33/2003

Viveiro, 19 de xuño de 2020

María Loureiro García
Alcaldesa