Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 7 de xullo de 2020 Páx. 27033

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en Landrove, Viveiro.

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia a fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, se atopan á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento na sede electrónica do concello actuante.

Nº de expediente

Referencia catastral

Situación

NIF/titular catastral

4344/2019

27067A037000680000XL

Polígono 37, parcela 68, Caxigal, Landrove, Viveiro

Descoñecido

27067A0370016040000XW

Polígono 37, parcela 1604, Caxigal, Landrove, Viveiro

Pilar Fernández Vivero

Viveiro, 29 de maio de 2020

María Loureiro García
Alcaldesa