Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 7 de xullo de 2020 Páx. 26846

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de xuño de 2020 pola que se habilitan determinados colectivos desta consellería para o emprego do certificado dixital de pseudónimo na Administración autonómica galega.

Detectado un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 23 de xuño de 2020, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 24991, no artigo 2.5, onde di: «O persoal funcionario con titulación en bioloxía que desenvolva funcións suxeitas ao disposto na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia»; debe dicir: «O persoal funcionario con titulación en bioloxía que desenvolva funcións suxeitas ao disposto na Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, e na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia».