Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo de 2020 Páx. 26765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de xuño de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública a separata do proxecto de construción Senda e reparación de beirarrúas na PO-549, de clave PO/19/126.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Antecedentes:

Por Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 11 de xuño de 2020 aprobouse provisionalmente o contido do documento para información pública do proxecto de construción Senda e reparación de beirarrúas na PO-549, de clave PO/19/126.06.

O artigo 6.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e o artigo 12.2 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, determinan que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

A actuación recollida no presente documento sitúase no treito da estrada PO-549 que comunica os concellos de Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa (provincia de Pontevedra), e consiste na construción de sendas de nova planta naqueles treitos onde non existen, reordenando os usos da plataforma e reparando as beirarrúas existentes de maneira que se poidan separar correctamente o tráfico rodado, o estacionamento e o tránsito peonil.

Proxéctanse tamén outras actuacións complementarias encamiñadas a mellora da seguridade viaria, tales como a relocalización e mellora da protección dalgúns pasos de peóns e a instalación dunha regularización semafórica.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avda. Mª Victoria Moreno, 43, 1º, 36071 Pontevedra), na Casa do Concello de Vilanova de Arousa (praza do Concello, 1, 36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra) e na Casa do Concello de Vilargarcía de Arousa (praza Ravella, 1, 36600 Vilargarcía de Arousa, Pontevedra) .

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o proxecto de construción.

Santiago Compostela, 25 de xuño de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Título: senda e reparación de beirarrúas na PO-549

Clave PO/19/126.06

Concellos de Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa

Id parcela

Ref. catastral

Área

expropiación (m2)

Superficie total parcela (m2)

Bens e dereitos afectados

Situación básica do solo

Titular

DNI

1

36060A03000328

481,00

93.347,00

Rural

Ozores Urcola Beatriz
Muñoz Ozores Ignacio
Muñoz Ozores Manuel Alfonso
Muñoz Ozores Isabel
Ozores Henríquez de Luna Alfonso
Ozores Henríquez de Luna Leticia Lourdes
Ozores Henríquez de Luna Flavia
Ozores Henríquez de Luna Silvia

***2644**
***9482**
***7911**
***0799**
***0170**
***0171**
***0171**
***0956**

2

36061A02800217

12,00

114,00

Peche (12 ml balaustrada) +
Porta metálica baixa (1 ud.)

Urbanizado

Nogueira Villar Manuel

***5018**

3

36061A02800208

10,00

336,00

Peche (3 postes de formigón)

Urbanizado

Lago Rodríguez Rosa [herdeiros de]

***9663**

4

36061A02800671

15,50

142,00

Peche (15.50 ml vexetal)

Urbanizado

Fernandez Triñanes Jose

***3278**

5

36061A02801036

22,50

111,00

Peche (14.30 ml bloque baixo)

Urbanizado

En nvestigación, artigo 47 da Lei 33/2003

6

36061A02800923

21,35

290,00

Peche (13.50 ml muro pedra) +
porta metálica baixa (1 ud.)

Urbanizado

Santos Vázquez Benigno

***2147**

7

36061A02800924

16,00

791,00

Peche (18.50 ml bloque baixo)

Urbanizado

Caamaño Rodríguez Manuela

***8135**

8

36061A02900564

14,00

158,00

Servidume

Rural

Paz Conde Carmen

***3459**

9

36061A02900565

28,60

233,00

Servidume

Rural

Conde Mariño María Teresa

***5239**

10

36061A02900638

18,00

174,00

Servidume

Rural

Brea Ochoa María Lucía

***4739**

11

36061A02900634

38,00

210,00

Servidume

Rural

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2002

12

36061A02900635

36,00

216,00

Servidume

Rural

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

13

36061A02900636

84,00

451,00

Servidume

Rural

Paz Conde Carmen

***3459**

14

36061A02900637

100,75

505,00

Servidume

Rural

Paz Conde Ramón [herdeiros de]

***8124**

15

36061A02900613

54,50

898,00

Peche (13.60 ml: 4 postes + malla metálica))

Urbanizado

Barbosa Ochoa María Luisa

***9654**

16

36061A02900648

42,00

86,00

Peche (45.00 ml bloque)

Urbanizado

Nogueira Ochoa Rosa

***2276**

17

36061A02900612

87,10

442,00

Peche (24.40 ml bloque)

Urbanizado

Álvarez Nogueira María Josefa

***4829**

18

36061A03000116

355,00

4679,00

Peche (86.80 ml vegetal)

Urbanizado

Ochoa Touris Manuel

***2536**

19

36061A02100077

5,00

815,00

Rural

Rey Nogueira María Dolores

***5668**

20

36061A02100085

39,70

236,00

Urbanizado

Pintos Rey María Milagros

***3044**

21

36061A02100086

48,50

458,00

Urbanizado

Janeiro Leiro María

***3733**