Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente A-PO-2016/005.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a The Southern Seas Trust para ser notificada por comparecencia para o trámite de notificación da resolución adoptada no expediente A-PO-2016/005, en relación coa solicitude de legalización de obras de reparación de muro de peche de parcela na Illa de Toralla, Vigo.

En cumprimento do artigo 46 de Lei 39/2015, do 1 de outubro, a comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situado no Edificio Administrativo da rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 4º, Pontevedra (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e con cita previa.

Transcorrido devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 19 de xuño de 2020

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra