Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26401

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, destinadas a entidades de iniciativa social, para o financiamento de gastos extraordinarios nos centros e programas de inclusión social, ocasionados pola crise sanitaria do COVID-19 (código de procedemento BS631B).

BDNS (Ident.): 511905.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http//www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeira. Entidades beneficiarias

a) Entidades de iniciativa social titulares de centros de inclusión que foron considerados servizos básicos ás persoas sen fogar por Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 (DOG do 15 de marzo), nomeadamente entidades titulares de albergues sociais, cociñas económicas e comedores sociais, centros de atención social continuada e centros de día que presten servizos de mantemento da hixiene (como ducha ou lavandaría) e os servizos de «calor e café». Incluiranse tamén os centros de acollida básica e especializada.

b) Entidades de iniciativa social que acrediten a realización nos dous últimos anos de actuacións dos servizos de cobertura de necesidades de alimento e provisión de recursos básicos (hixiene, roupeiro, lavandaría e apoio material).

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas destinadas ás entidades de iniciativa social para o financiamento de gastos extraordinarios ocasionados pola crise sanitaria do COVID-19 en relación co funcionamento dos centros e realización de programas de inclusión social da súa titularidade.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, destinadas a entidades de iniciativa social, para o financiamento de gastos extraordinarios nos centros e programas de inclusión social, ocasionados pola crise sanitaria do COVID-19 (código de procedemento BS631B).

Cuarto. Importe

Importe total: un millón cincocentos mil euros (1.500.000 €) na aplicación 13.03.313C.481.7 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o año 2020.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020

Fabiola García Martíne
Conselleira de Política Social