Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26469

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 196/2019).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 196/2019, por instancia de Manuel Albino Fernández Cao, contra o executado José Manuel Tojo Ferro, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 22 de xuño de 2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado en situación de insolvencia total, por importe de 5.586,57 euros de principal, máis 502,03 euros en concepto de xuros de mora, máis 608,86 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza