Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 2 de xullo de 2020 Páx. 26290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de convocatoria para a provisión en propiedade, por promoción interna, dunha praza de administrativo xefe da Oficina de Contratación, en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2019.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 77, do 1 de xuño de 2020, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover, por promoción interna, unha praza de administrativo xefe da Oficina de Contratación, pertencente ao cadro de persoal funcionario de carreira, encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C1, a través do proceso selectivo de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación de este anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ribeira, 9 de xuño de 2020

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde