Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 2 de xullo de 2020 Páx. 26190

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

EXTRACTO da Resolución do 18 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento de concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2020/21 (códigos de procedemento MR265B e MR265C).

BDNS (Identif.): 512572.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias e destinatarias

Poderán solicitar a axuda:

1. As persoas físicas ou xurídicas que exerzan a actividade de produción e/ou comercialización dos produtos subvencionables sinalados no anexo I da resolución cuxas empresas ou establecementos estean dados de alta no correspondente rexistro sanitario oficial e que reúnan os requisitos establecidos na resolución.

2. Os centros escolares que teñan a súa sede na Comunidade Autónoma de Galicia, que reúnan os requisitos establecidos na resolución e que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:

a) Educación infantil.

b) Educación primaria.

c) Educación secundaria obrigatoria.

Será destinatario final da axuda o alumnado que asista regularmente aos centros ou establecementos escolares, administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, que pertenza aos niveis de ensino citados no punto anterior.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras para tramitar e conceder as axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e a convocatoria das axudas para o curso escolar 2020/21.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 18 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento de concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2020/21 (códigos de procedemento MR265B e MR265C).

Cuarto. Importe

O importe aplicable en euros/kg para a subministración e distribución dos produtos, incluídos os custos de loxística e repartición, é o establecido no anexo I da resolución.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes de autorización e axuda

O prazo de presentación será ata o 20 de setembro de 2020 (incluído).

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2020

O director do Fondo Galego de Garantía Agraria
P.S. (Resolución do 9.6.2020)
Marta Forés Lojo
Secretaria do Fondo Galego de Garantía Agraria