Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 2 de xullo de 2020 Páx. 26121

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo polo que se actualizan as táboas salariais do I Convenio colectivo do sector de salas de exhibición cinematográfica de Galicia.

Visto o texto do acordo polo que se actualizan as táboas salariais do I Convenio colectivo do sector de salas de exhibición cinematográfica de Galicia, subscrito entre a representación empresarial FECE e as organizacións sindicais CIG, UGT e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

Esta Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da comisión paritaria do I Convenio colectivo do sector de salas de exhibición cinematográfica de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 11.30 hora do día 14 de febreiro de 2020, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, xúntanse as persoas a continuación relacionadas:

Parte empresarial (Federación de Cines de España - FECE):

Juan Carlos Vázquez Veiga.

José Antonio Moratilla Espinosa.

José Carlos Bouza Fernández.

Juan Ignacio Moreno Jiménez.

Parte sindical:

Roberto Alonso Iglesias (CIG).

Arturo César Añón Pose (CIG).

José Ramón Vizcaíno Mato (UGT).

Beatriz Meilán del Río (UGT).

Mª Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

O obxecto da xuntanza é a adaptación das táboas salariais do I Convenio colectivo do sector de salas de exhibición cinematográfica de Galicia ao establecido no Real decreto 231/2020, do 4 de febreiro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para o ano 2020.

Logo do oportuno debate, procede reflectir na acta o seguinte:

Primeiro. As partes acordan actualizar as táboas salariais do I Convenio colectivo do sector de salas de exhibición cinematográfica de Galicia conforme o establecido no Real decreto 231/2020, do 4 de febreiro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para o ano 2020, que se recolle no anexo I que se achega a esta acta.

Segundo. Esta comisión acorda delegar no funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, Ignacio Bouzada Gil, os pertinentes trámites de rexistro e publicación deste acordo perante a autoridade laboral competente.

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a xuntanza ás 12.00 horas, e os asistentes asinan a presente acta en proba de conformidade.

Táboas salariais anuais salas de exhibición cinematográfica de Galicia

2020

2021

Grupos profesionais

Grupo 1 persoal administrativo

Nivel 1 oficial administrativo/a

13.300,00 €

13.433,00 €

Nivel 2 auxiliar administrativo/a

13.300,00 €

13.433,00 €

Grupo 2 atención ao público

Nivel 1 encargado/a

14.140,00 €

14.281,40 €

Nivel 2 adxunto/a encargado/a

13.433,00 €

13.567,33 €

Nivel 3 vendedor/a de billetes, porteiro/a

13.300,00 €

13.433,00 €

Acomodador/a, dependente/a

13.300,00 €

13.433,00 €

Nivel 4. Persoal de limpeza

13.300,00 €

13.433,00 €

Grupo 3. Persoal de mantemento

13.300,00 €

13.433,00 €

Nocturnidade

1,01 €

1,02 €

Festividade

1,01 €

1,02 €

Sesións adicionais matinais

32,32 €

32,64 €

Sesións adicionais nocturnas para sesións que rematen despois das 01.00 horas

10,10 €

10,20 €

Antigüidade

34,34 €

34,68 €