Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 2 de xullo de 2020 Páx. 26248

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 129/2019).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 129/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Veiga García contra a empresa Grupo Buchan Rías Baixas, S.L., sobre despedimento, se ditou decreto de insolvencia do 18 de xuño de 2020, impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Buchan Rías Baixas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza