Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 2 de xullo de 2020 Páx. 26283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de xuño de 2020 polo que se somete a información pública o proxecto de urbanización da fase B do Parque de Actividades Económicas de Arteixo (Acteca), A Coruña.

De conformidade co establecido pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia, sométese á información pública o proxecto de urbanización da fase B do Parque de Actividades Económicas de Arteixo (Acteca), A Coruña, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/711) e presentar ante o el as alegacións, os documentos e as xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo