Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26090

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente 698/2020 URB 6/2020).

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa no expediente 698/2020 no lugar das Casetas, Santa María de Oia, e resultando descoñecido o enderezo do titular castastral da parcela 1069 do polígono 39, que pertence segundo o catastro, a Manuel Fernández Treinta, en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, en caso de incumprimento das ordes ditadas, contra os responsables, advertindo de execución subsidiaria á conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

698/2020 (URB 6/2020)

Manuel Fernández Treinta

Enderezo descoñecido

36036A039010690000QI

parcela 1069, polígono 39

As Casetas, Santa María de Oia

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 18 de xuño de 2020

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa