Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26060

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 25/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 25/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda Porto Varela contra Cityhouse Los Tilos, S.L., Fogasa, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza, Marina Pilar García de Evan.

En Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Cityhouse Los Tilos, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 3.847,76 euros en concepto de principal (3.018,99 euros en concepto de salarios e vacacións, 828,77 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 384,77 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cityhouse Los Tilos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza