Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26110

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Valga para desenvolver as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na tesouraría municipal.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de maio de 2020, acordou aceptar, de conformidade co previsto nos artigos 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Valga, por acordo do Pleno na sesión do 9 de marzo de 2020, para desenvolver as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na tesouraría municipal.

A citada delegación realizaraa a Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 2 de xuño de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2020002793, do 16.3.2020)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Economía, Facenda
e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra