Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade da parte dispositiva da Sentenza número 489/2017, do 19 de decembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 19 de decembro de 2017, pronunciou a Sentenza número 489/2017, ditada no procedemento ordinario nº 4124/2015, interposto por Telefónica de España, S.A.U., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«En atención ao exposto, a Sala decidiu estimar o recurso contencioso-administrativo interposto pola representación legal de Telefónica de España, S.A.U. contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 6 de febreiro de 2015 sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Boqueixón que anulamos pola súa desconformidade a dereito; con expresa condena en custas ás administracións demandadas».

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2020

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo