Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES-2020-013.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase á persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 17 de xuño de 2020

Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES-2020-013.

Interesado: Rolando Manuel Diestre Brión.

Acto notificado: acordo de inicio.