Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-LU-0019/2019-COP e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-LU-0019/2019-COP e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

Celeiro, 18 de xuño de 2020

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-LU-0019/2019-COP

507721063

Resolución

Zona Industrial de Penso, lote 16, aptdo. 10, Melgaço

PSC-LU-0026/2019-PPM

10570909V

Resolución

R/ Puerto San Isidro, 14, 3º C, Oviedo

PSC-LU-0034/2019-PRE

76540280Y

Resolución

Lg. A Devesa, 26, Ribadeo

PSC-LU-0066/2019-ORS

53519474S

Resolución

Urb. Jardines de Villar, 31, Valdés

PSC-LU-0071/2019-PPM

76413516H

Resolución

R/ Huertas, 9, Cedeira

PSC-LU-0072/2019-PPM

76408349A

Resolución

R/ Ensino, 5, 1º esqda., Cedeira