Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un trámite de audiencia en relación coa zona de concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou sendo o domicilio descoñecido, notifícase ao interesado, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto administrativo notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase efectuada desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 12 de xuño de 2020

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de propietario

Interesado

Acto que se notifica

562

José Manuel Teijeiro Corral

Trámite de audiencia